CRTVG

Buscar

Óscar García: "A estas alturas a Copa non estorba"

Publicado o 18/11/2019 21:07

Dentro dun mes exacto o Celta xogará a primeira eliminatoria de Copa. A día de hoxe, en descenso. a liga parece o único importante pero Óscar García ve unha oportunidade. 

"A estas alturas non estorba, se fose a final de temporada... Tamén son partidos para que os xogadores que participan menos demostren que poden axudar".

A Peña Azagresa, da Terceira división, celebrou así a clasificación para a Copa. Recibir o Celta será para o pequeno club navarro, un acontecemento.

"Temos que xogala coa mesma ilusión ca eles", di o adestrador celeste.

O Celta non quere ser unha das sorpresas da Copa dos modestos Oscar García: "Hai que xogar como contra un equipo de Primeira".

Contra a Real Sociedade caeu o Celta en primeira rolda o ano pasado. Unha eliminatoria de ida e volta que empezou con Mohamed e acabou con Cardoso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019