CRTVG

Buscar

Murillo entra no equipo titular do Celta en San Mamés

Publicado o 19/01/2020 13:06

Necesitará o Celta en San Mamés a súa mellor versión defensiva e o acerto dos atacantes, porque o partido desta tarde é dos que marcará a tendencia da segunda volta. Segundo o técnico do Celta, "teñen xogadores que van moi ben de cabeza e son un bo equipo en defensa".

Óscar pensa en como anular os factores externos. "Levan un mes sen xogar en San Mamés e iso será unha motivación para eles". Para Garitano, "temos ganas de volver a San Mamés onde nos atopamos moi a gusto". Unai Simón, Óscar de Marcos e Aduriz non xogan. Canto aos merecementos e os puntos Garitano deixa unha boa reflexión, que "todos pensamos que temos máis puntos dos que merecemos".

Seguir tocando, seguir presionando, acabarar as xogadas e propósito da enmenda defensiva, deberes para esta tarde de fútbol na Catedral.

Noticias web

19/01/2020