CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Sbaraglia, premio Cineuropa

Publicado o 14/11/2017 15:28

O festival Cineuropa, que se celebra en Santiago ata o día 28, distingue nesta edición a prolífica traxectoria de Leonardo Sbaraglia. O actor, con máis de 50 longametraxes ás súas costas, leva tantos anos no mundo do cine como edicións ten o festival. O premio recólleo esta tarde, nunha gala no Teatro Principal. Pero esta mañá xa tivemos a ocasión de compartir con el a súa emoción por este novo recoñecemento.

Leonardo Sbaraglia ten unha cita esta tarde no Teatro Principal. Un encontro co público que asista á proxección do filme 'No te olvides de mi'. Despois recollerá nunha gala o premio á súa traxectoria cinematográfica. 31 anos diante das cámaras, unha prolífica traxectoria tan extensa como edicións leva Cineuropa, 31.

Emocionado por este recoñecemento, o actor contábanolo esta mañá, nunha xornada en que tamén se vai proxectar outras das peliculas que lle valeu no Festival de cCne de Málaga o premio como mellor actor, 'El otro hermano'.

Leonardo Sbaraglia ten ás súas costas medio cento de longametraxes. Trinta anos de profesión, dos que 8 pasounos vivindo en Madrid. Agora, de volta á súa Arxentina natal, agradece cada recoñecemtno que se lle dá no noso país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí