CRTVG

Buscar

Bos días

Satisfacción no sector do transporte por estrada polo acordo con Facenda polo céntimo sanitario

Publicado o 14/11/2014 09:23


Satisfacción entre os transportistas polo acordo acadado con Ministerio de Facenda polo que o Goberno se compromete a devolverlles o cobrado polo chamado céntimo sanitario. Un imposto sobre carburantes que Bruxelas declarou ilegal. Tras o acordo, os transportistas desconvocaron a folga prevista a partir do luns.



O acordo ponlle fin ao contencioso aberto entre o Goberno e o sector do transporte tras a sentenza do Tribunal da UE que en febreiro deste ano declaraba ilegal o chamado céntimo sanitario, o imposto sobre os carburantes ultilizado por algunhas autonomías para sufragar a sanidade.

" A federación galega que é a que eu represento neste momento está tremendamente optimista con isto porque era unha cousa pendente que sabiamos que tiñamos razón e tiña que chegar a bo porto, pero ata hoxe non chegou a bo fin, polo tanto satifacción", di Ramón Alonso presidente de Fegatramer.


En virtude deste acordo Facenda comprométese a devolverlles aos transportistas o 100% das cantidades cobradas en concepto de céntimo sanitario de aquí a febreiro de 2015.
O 80% cobrarano antes de que remate este ano.
A consecuencia máis inmediata do acordo é a desconvocatoria da folga de 3 días prevista a partir do luns.
En total Facenda terá que devolver uns 2.500 millóns de euros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

14/11/2014