CRTVG

Buscar

Satélites, sensores infravermellos e drons, tecnoloxía galega contra os incendios

Publicado o 08/05/2019 14:33

O proxecto permite detectar incendios de só catro metros cadrados mediante sensores infravermellos. Unha especie de vixías tecnolóxicos capaces de informar sobre a súa evolución e de achegar datos atmosféricos. Todo a través dun satélite que, ao tempo, xera un plan de voo de drons.

Imaxes que mesmo poden identificar os autores do incendio e, por tanto, ter efectos disuasorios e que permiten unha actuación dos servizos de emerxencia mái eficaz e segura.

Á espera de que adminsitracións ou sector privado aposten por esta tecnoloxía, a Universidade de Vigo avanza en novas solucións, como un vehículo autónomo capaz de dar apoio aos brigadistas no incendio.

Noticias web

08/05/2019