CRTVG

Buscar

Sarria, o único concello galego co nivel alto de restricións

Publicado o 26/06/2021 14:39

O único concello de Galicia que permanece no nivel alto de restricións é o de Sarria, cun gromo que afecta a 28 persoas e no que a incidencia acumulada supera os 150 casos por cada cen mil habitantes.

Por ese motivo emitiron un bando instando os veciños, principalmente os relacionados coa hostalería, a que participaren nun cribado, unha listaxe que continúa aberta e na que xa hai anotadas máis de trescentas persoas.

Dende esta madrugada xa se endureceron as medidas, co peche do interior dos locais e coas terrazas á metade da súa capacidade.
De novo a hostelería como un dos sectores máis castigados pola pandemia, como nos comenta Laura, a propietaria deste bar.

Tamén se insiste en pedirlle á xente que usen os tests de saliva gratuítos que hai nas farmacias.

Noticias web

26/06/2021