CRTVG

Buscar

O concello de Sarria sobe ao nivel alto de restricións a partir do sábado

Publicado o 25/06/2021 14:49
O concello de Sarria sobe ao nivel alto de restricións a partir do sábado

A Consellería de Sanidade decidiu reformular o mapa de restricións tras avaliar a incidencia acumulada no concello de Sarria, situada nos 202 casos a catorce días por cada 100.000 habitantes. 

Por outra banda, as restricións previstas para os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio seguirán vixentes.

O resto de concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo de restricións. O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Este novo mapa de restrición entra en vigor a partir da medianoite do sábado, 26 de xuño.

Noticias web

25/06/2021