CRTVG

Buscar

Sarria mantense no nivel alto de restricións, con 52 casos positivos

Publicado o 03/07/2021 14:41

Dous gromos de coronavirus deixan en Sarria 52 positivos, un número preocupante que fai que a localidade se manteña no nivel alto de restricións.

As autoridades confían en que pronto se estabilice, porque ata o de agora a maior parte dos positivos proceden do gromo detectado hai unha semana, agás algúns casos que son dun abrocho familiar.

Coa hostalería a medio gas, xa que só pode ter aberto o cincuenta por cento da terraza, os casos de coronavirus deixan preocupación e afectan á actividade en Sarria.

Sarria mantén o nivel alto de restricións ata que o gromo esté controlado e a chamada das autoridade é a ser responsables e manter as medidas de precaución.


 

Noticias web

03/07/2021