CRTVG

Buscar

Sargadelos volve crear emprego e abre un establecemento propio en Madrid

Publicado o 14/04/2018 15:13

Sargadelos continúa o seu proxecto de expansión comercial e desde hoxe volve ter establecemento propio en Madrid. O responsable da marca, Segismundo García, simboliza nesa tenda o rexurdimento da empresa, que busca novos mercados e crea novos postos de traballo. Para o conselleiro de Economía Sargadelos é un exemplo de como asumir os novos retos do mercado.

Sen renunciar á súa identidade, Sargadelos diversificou a súa oferta comercial e suma á cerámica o téxtil, os complementos de moda, e as pezas de bixutería e xoiería. 

Esta tenda é a de Madrid. Sargadelos volve ter estable cemento propio no exclusivo barrio de Salamanca. Un concepto novo de punto de venda que para a dirección de Sargadelos é un símbolo do rexurdir da empresa.

Madrid, Londres, México, ou o Xapón. Sargadelos segue abrindo novos mercados e traduce a innovación en postos de traballo. 

Un exemplo, engade, de como Sargadelos soubo interpretar os retos da nova economía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2018