CRTVG

Buscar

Sargadelos recupera beneficios cun resultado de 120.000 euros, fronte ás perdas do ano anterior

Publicado o 04/09/2019 17:52

Sargadelos recupera os beneficios. A cerámica galega gañou 120.000 euros o ano pasado. É o segundo exercicio que pecha en positivo dende que entrara en concurso de acredores en 2014.

Sargadelos volve á senda dos beneficios. En 2018 o grupo cerámico galego rexistrou un resultado de 120.000 euros, fronte ás perdas de 117.000 do ano anterior. Unha recuperación da rendibilidade que segundo explica a propia empresa débese a dúas cousas.

Por un lado, ao incremento do 11% das vendas, que superaron os tres millóns de euros. É a mellor cifra dende 2010, e o terceiro ano consecutivo á alza. E por outra banda están os gastos de persoal. En 2018 reducíronse case un 25%, pasando de 2,5 millóns a 1,9.

Unha partida que se disparara nos anos anteriores polos sucesivos conflitos laborais. Sobre todo a anulación do Supremo do ERE de 2010, que afectaba uns 20 traballadores da fábrica de Cervo. Moitos tiveron que ser readmitidos ou indemnizados. Polo que a empresa incluíu gastos de persoal de máis de 600.000 euros nese exercicio.

O grupo Sargadelos, propiedade de Segismundo García, conta con outras dúas sociedades. A Fábrica de Cerámica do Castro, en Sada, e Porcelanas Sargadelos, encargada de xestionar os puntos de venda da firma. As tres sociedades pecharon o ano en positivo cun cadro de persoal conxunto de 151 empregados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019

Máis sobre actualidade

UD OURENSE 1 PAIOSACO 0
20/01/2020 11:50
SILVA 2 SOMOZAS 3
20/01/2020 11:04
FABRIL 1 CHOCO 0
20/01/2020 10:59
POLVORIN 2 AROUSA 2
20/01/2020 10:58
COMPOSTELA 1 ALONDRAS 0
20/01/2020 10:56