CRTVG

Buscar

Sargadelos negocia novos proxectos coa tenda do MOMA de Nova York

Publicado o 29/07/2019 13:33

A tenda do Museo de Arte Moderna de Nova York púxose en contacto coa fábrica de Sargadelos despois de ver as súas pezas na Semana do Deseño de Londres. Desde o ano pasado catro figuras da cerámica galega están no catálogo do que se considera referente mundial da arte contemporánea. A experiencia está sendo moi positiva.

Sara Méndez, responsable de deseño de Sargadelos: "A xulgar polos pedidos que nos fan, moi bo resultado. Cada mes fannos novos pedidos. Estamos moi contentos por ambas partes.Valoran a orixinalidade do deseño e a singularidade, claro. Moitas figuras baséanse na olería popular galega, e iso só o temos nós".

Sargadelos está negociando máis colaboracións co MOMA e ten en proxecto outras vías de expansión internacional.

Sara Méndez, responsable de deseño de Sargadelos: "Agora mesmo estamos traballando noutro proxecto cos do MOMA, pero agora non o podemos desvelar, así que aí queda. É certo que nos abriron moitas portas, sobre todo a nivel internacional, pero en Nova York xa nos coñecían e nos valoraban. Tiñamos moitas visitas á nosa tenda en liña e compras".

O proceso de elaboración da cerámica, impulsada no século pasado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, pode verse de preto en visitas guiadas na fábrica de Cervo, Lugo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019