Saqués basea a destitución de Nafti nos resultados, o comportamento e o traballo diario
Publicado o 03/03/2021 21:08
Por resultados, comportamento e o traballo diario, así de rotundo se amosou o presidente Tino Saqués para xustificar o cesamento de Nafti. O certo é que con Nafti o Lugo só gañou só 1 dos últimos 10 partidos. Aínda que en 22 encontros sumou 30 puntos.
Saqués deixa ben claro que o franco tunisiano xa non era do seu agrado e di que o equipo estaba vivndo de rendas, caendo nunha dinámica que era perigosa.