CRTVG

Buscar

Sanxenxo, segundo concello de España con máis certificacións Q de calidade

Publicado o 06/07/2020 20:31

O concello de Sanxenxo acumula a totalidade de Q de calidade nas Rías Baixas e só o supera Madrid a nivel estatal.

Areais coma o de Montalvo e outros dez próximos recibiron as distincións que concede o ICTE, o Instituto para a Calidade Turística Española.

A Q de calidade é unha marca de garantía dirixida á certificación voluntaria de servizos turísticos. Repártense entre 25 sectores, como aloxamentos rurais, museos, campings ou campos de golf, entre outros.

Acadar un Q engade prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción. Son, sen dúbida, lugares especiais.

Cinco praias de Lugo coma a da Rapadoira en Foz tamén acadaron a Q de calidade. O ICTE adoptou este ano medidas para a reduccion de riscos hixiénico-sanitario fronte a covid-19.

Noticias web

06/07/2020