CRTVG

Buscar

Sanxenxo recupera a ocupación previa á pandemia

Publicado o 02/08/2021 15:45

Este mes de xullo os hoteis da zona de Sanxenxo volveron aos niveis de ocupación do verán de 2019, xusto antes de que a covid irrompese nas nosas vidas.

Os responsables dos establecementos hoteleiros están satisfeitos co que vai de verán, a pesar de que o tempo non sempre acompañou.

As previsións para este mes de agosto son tamén boas con fins de semana en que alguns hoteis xa colgan o cartel de completo.

Noticias web

02/08/2021