CRTVG

Buscar

Sanxenxo pecha unha aula de infantil e todo o Salnés segue cunha elevada incidencia

Publicado o 28/07/2021 16:04

En Sanxenxo, os últimos casos de covid-19 motivan o peche da aula de 1 e 2 anos na escola infantil municipal do Tombo. Deron positivo tres nenos e a mestra. Ao resto de menores desa clase practicaráselles unha proba PCR e terán que gardar corentena por seren contactos estreitos.

Na comarca do Salnés, malia baixar, a incidencia acumulada segue sendo alta, no Grove, Meaño e Cambados e en Sanxenxo hai 2.159 casos por cen mil habitantes.

Veciños e turistas din que na praia hai moi pouca xente con máscara, no paseo non, está a xente concienciada, e nos bares e cafeterías, pero na praia está moi relaxada, de feito, as fins de semanas dan avisos.

"A xente vella coma min respecta os procedementos de protección, sobre todo máscaras e distancia social. O novos están aínda nunha fase un pouco inconsciente do que están a facer. O que vemos é que todo o mundo cumpre coa normativa e respecta a normativa e as distancias, sobre todo nos restaurantes e na praia está todo ben. Pola noite está todo moi tranquilo, non hai xente no porto, non hai festas nótase que está mal a cousa".

En Sanxenxo van facer un novo cribado dirixido ao grupo de idade de 16 a 35 anos. Será este venres, 30 de xullo, na Sala Nauta do porto deportivo, en horario de nove da mañá a oito e media da tarde. É con sistema de autocita a través da web coronavirus do Sergas.

Noticias web

28/07/2021