CRTVG

Buscar

Sanxenxo introduce drons de vixilancia nas praias

Publicado o 11/07/2019 08:57
DRONS MONTALVO E SILGAR

Imaxinemos unha situación de risco nunha praia. Un bañista reclama auxilio dende a auga, pero en cuestión de segundos os socorristas fanlle chegar un salvavidas dende o aire. Isto é só un simulacro, pero é unha situación que se podería dar perfectamente calquera día este verán.
Sanxenxo é o primeiro concello de Galicia en contar cun sistema de vixilancia e auxilio con drons nas súas praias.

Os drons xa foran introducidos nas praias de Sanxenxo o ano pasado coma un experimento piloto, pero este verán o servizo estará plenamente operativo nos areais de Montalvo e Silgar. Os bañistas aínda non están afeitos a esta innovación.

Estes artefactos poden servir tamén de apoio en operativos de rescate de sendeiristas ou pescadores en zonas de acntilados. Algúns deles contan, ademais, cun altofalante que permite transmitir mensaxes de advertencia ás embarcacións que invaden zonas reservadas para o baño.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019