CRTVG

Buscar

Sanxenxo homenaxea o seu heroe, Arturo Fontán

Publicado o 09/05/2019 15:03

O Concello de Sanxenxo recoñeceu a valentía de Arturo Fontán outorgándolle a Medalla de Ouro da cidade. O home, natural da vila, vivía nas Canarias, onde faleceu hai menos dun mes cando intentaba salvar unha bañista en apuros. Un xesto heroico que lle custou a vida. A súa vila natal tamén lle dedicará unha rúa para que ninguén o esqueza.

Arturo Fontán Bouzas lanzouse ao mar cando viu unha muller en apuros. Un acto de valentía que lle custou a vida. Malia que levaba anos en Canarias, onde aconteceu o suceso, os seus veciños de Sanxenxo quixeron renderlle unha homenaxe. O pleno condedeulle a Medalla de Ouro e dedicaranlle unha rúa. A súa viúva e o seu fillo acudiron ata esta vila para agardecer as mostras de cariño.

Ana Suárez, a viúva de Arturo Fontán, referiuse ao seu home: "Demostroume que non podía estar casada con una persona mellor, grazas".

Arturo faleceu, pero a muller á que se lanzou para axudar conseguiu salvar a vida. Sucedeu na praia de Tebeto, no municipio canario da Oliva, hai menos dun mes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019