CRTVG

Buscar

Sanxenxo é pioneiro no emprego de drons para o control das normas

Publicado o 08/04/2021 15:21

O Concello de Sanxenxo é pioneiro no emprego da tecnoloxía ao servizo do cumprimento da normativa anticovid en terrazas e outros espazos públios. Os drons vixían dende o aire e achegan información en tempo real, que permite aos axentes da Policía Local tomar decisións máis rápidas e eficientes.

Coma calquera altofalante envía mensaxes claras e urxentes aos cidadáns. Poden achegarse a case calquera espazo e, o máis importante, recollen imaxes claves para as tarefas de control policial. Os drons poden abarcar moito máis espazo en menos tempo e permiten unha maior rapidez na resposta.

Estes drons xa sobrevoaron as praias de Sanxenxo o verán pasado. Na Semana Santa a experiencia trasladouse a terrazas e paseos dun concello que pretende aplicar esta tecnoloxía a máis espazos.

Noticias web

08/04/2021