Sanxenxo e Baiona afrontan unha Semana Santa con restricións
En Sanxenxo a hostaleria recibe a Semana Santa con só as terrazas abertas e á metade da súa ocupación. O aumento de contaxios e a entrada do concello no nivel alto de restricións obriga o sector a un cambio de plans .
"Ir traballando segundo se vai podendo, organizando un pouquiño en función do que vai sucedendo. Agora mesmo contemplamos a fin de semana e non sabemos o que pode suceder con vistas aos primeiros días da vindeira semana. O persoal está avisado, está contemplado e segundo como vaia sucedendo nos vindeiros días, iremos modificando todo", di Juan Piñeiro director dun hotel .
Un panorama pouco alentador para uns días que figuran no calendario turístico , como temporada alta, tanto é así que moitos establecementos decidiron non abrir as súas portas.
"Pouca xente, mais enténdoo perfectamente. Coa incidencia agora mesmo alta é normal. Os hostaleiros quéixanse, pero é o que hai."
"Se queremos erradicar esta peste toca esta situación, nin máis nin menos. Non podemos amorearnos de calqueira xeito, porque os resultados xa os tivemos, bastante negativos por desgraza, e volvemos á mesma", comentan dúas persoas na rúa.
En Baiona, onde os bares e restaurantes tampouco poden atender no interior asumen as mesmas limitacións coa confianza posta en que si haxa movemento de xente na vila.
Sen peche perimetral tanto Baiona coma Sanxenxo poden recibir visitantes de toda Galicia, salvo dos dous concellos que si están cerrados..