Sanxenxo e Baiona, á espera de saír do nivel máximo de restricións
Sanxenxo e Baiona entraron na Semana Santa en nivel alto de restricións, atendendo só na terraza e ao cincuenta por cento. Hoxe poderían ver aliviada esa medida.
"Sería superimportante", di a hostaleira Leixa Torres, "porque a cantidade de mesas é menor e baixa o consumo da xente". Juan Castro, hostaleiro en Sanxenxo, pide que "polo menos deixen abrir o interior" para evitar "o problema cando chove".
Baixar de nivel permitiríalles abrir o interior dos locais co trinta por cento de ocupación, unha diferenza grande para eles logo dunha Semana Santa en mínimos.
Os datos dos últimos sete días deixan menos de 9 contaxios, e unha incidencia por baixo dos 75 por cen mil. O mesmo pasa en Baiona, así que esperan que se alivien as restricións e aliviar tamén un sector vital en vilas turísticas coma estas.
As expectativas son boas e, á espera da decisión do comité clínico, piden que polo menos non chova para seguir traballando nas terrazas.