Sanxenxo comeza a preparar as praias con vistas á campaña de verán
Chega o sol e as principais vilas turísticas galegas prepáranse para recibir visitantes. Moitos concellos comenzaron xa os labores de limpeza das praias. E Sanxenxo, o municipio turístico galego por excelencia, é un deles. No areal de Silgar os tractores removen estes días a area para que a praia estea lista para recibir visitantes a partir do mes que vén.
O sector turístico fala do inico da recuperación. En Sanxenxo os hoteis teñen xa un volume alto de reservas para todo o verán.
Este ano as praias de Sanxenxo lucirán sen cuadrículas fronte á covid. Iso si, vixiarase por terra e por aire que se gardan as distancias. A vila xa comeza a acoller os primeiros turistas. O sector turístico agarda un bo verán. O verán do 2019 houbo en Sanxenxo entre xuño e setembro 700.000 pernoctacións.