CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Sanxenxo busca socorristas entre noventa aspirantes

Publicado o 04/05/2018 14:26

Hoxe estaba o tempo ideal apara estes 'exames' dos que lles falamos agora. Noventa aspirantes a socorristas fixeron esta mañá as probas para conseguir unha praza nas praias do concello de Sanxenxo. Tiveron que correr pola area da praia de Silgar e nadar 400 metros no mar. Pero tamén terán que superar un exame teórico para poñer a proba os seus coñecementos. O Concello oferta en total 66 prazas para socorristas e sanitarios.

É a súa oportunidade para conseguir unha praza para ser socorristas durante este verán nalgún dos areais de Sanxenxo. Para iso terán que superar unha proba física na que tras unha carreira pola area terán que nadar catrocentos metros, todo co cronómetro en marcha. O máis rápido conseguirá máis puntos.

Algúns dos aspirantes xa traballaron de socorristas, mentres que para outros é a primeira vez que se presentan. En total, o concello de Sanxenxo oferta 66 prazas para vixiar as praias do municipio este verán.

Para rematar terán que realizar un exame teórico. No caso dos sanitarios tamén realizarán unha proba de reanimación cardiopulmonar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí