As restricións en Sanxenxo deixan desertos bares e comercios
Sanxenxo estrea restricións hoxe, logo de que a súa situación epidemiolóxica obrigase as autoridades sanitarias a incluílo na listaxe de concellos con maiores limitacións.
A porcentaxe de locais de hostalería que decidiron manter o seu servizo a domicilio é simbólica, e esta situación comeza a ter o seu efecto dominó. Nótase, por exemplo, no comercio e tamén no estado de ánimo dos cidadáns. Esta mañá moitos veciños de Sanxenxo dícíannos que este concello amenceu con mágoa.
"Isto é máis que triste. É desolador", lamenta unha veciña. Tristura tamén nos negocios. Unha panadeira comenta o impacto que as restricións na hostalaría teñen no seu negocio: "Aféctanos moito porque os hostaleiros levan o pan de aquí".
As reunións e os paseos limítanse aos conviventes e a mobilidade só será posible co concello do Grove. Restricións que en principio se van manter ata o día catro de decembro, pero que poderían prolongarse en función da evolucion sanitaria da pandemia.