CRTVG

Buscar

Santurtzi e Deusto demostran o poderío vasco no Campionato de España de bateis

Publicado o 25/04/2021 13:51

Santurtzi en categoría masculina e Deusto en categoría feminina lograron o triunfo no Campionato de España de bateis. Santurtzi, con dous galegos na súa tripulación (David Iglesias e Nando Rúa) impúxose por diante de Ziérbena e Samertolameu que tiveron unha gran pelexa pola segunda posición. A loita de Deusto foi con Astillero coa que rivalizou para levar o título feminino. 

Noutras categorías houbo títulos galegos entre os infantís (Samertolameu -feminino- e Rianxo -masculino-), Mecos gañou o cadete feminino e Bueu impúxose no xuvenil masculino. Orio, cos títulos en xuvenil feminino e cadete masculino, foi o único equipo que levou dúas bandeiras. 

Noticias web

25/04/2021