CRTVG

Buscar

Santos chega á Habana para reunirse con Raúl Castro

Publicado o 17/07/2017 08:43

O presidente colombiano aproveitará a súa estadía para inaugurar un foro de negocios que ten como obxectivo impulsar as relacións económicas entrambos

O presidente de Colombia, Juan Manuel Santos, iniciou unha breve visita oficial á Habana onde ten previsto reunirse co seu homólogo cubano, Raúl Castro. Santos aproveitará a súa estadía para inaugurar un foro de negocios que ten como obxectivo impulsar as relacións económicas entrambos os dous países. O presidente colombiano participará tamén nunha homenaxe ao escritor Gabriel García Márquez e non se descarta que poida entrevistarse co líder das FARC, que se recupera nun hospital da Habana dun accidente cerebrovascular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017