CRTVG

Buscar

Santórum ten que cumprir dous anos máis de cadea

Publicado o 08/09/2020 12:16

Juan Carlos Santórum, o presunto narcotraficante detido onte pola policía ás portas da Audiencia de Pontevedra, permanece na comisaría da Policía Nacional desa cidade.

Santórum estaba sendo buscado para que ingresase en prisión e cumprise os dous anos que ten pendentes por un delito de revelación de segredos, os sopros que recibía de dous gardas civís a quen lles pagaba a cambio. Ademais, pode ser chamado a declarar nas próximas horas por un alixo de droga no barco Karar, efectuado nos meses de confinamento e polo que xa testificaron varias persoas da súa confianza.

Noticias web

08/09/2020