CRTVG

Buscar

Santiago volve pecharse a partir desta medianoite polo aumento dos contaxios

Publicado o 16/12/2020 14:34

A repunta de contaxios por coronavirus, que pasou nunha semana de 84 a 129 casos activos, obriga a Santiago a retroceder de fase e recuperar o peche perimetral do concello a partir desta próxima medianoite.

Santiago está por debaixo da media de España e da media de Galicia, pero a tendencia é mala, segundo os expertos.

Este retroceso na desescalada implica un reforzo das restricións para a hostalería, que poderá abrir ata as 11 da noite, pero cun 40 por cento de ocupación no interior e do 50 por cento no exterior. Os grupos poderan ser como máximo de seis persoas.

As medidas restritivas serán revisadas nos próximos días tendo en conta a evolucion da pandemia.

Noticias web

16/12/2020