Santiago volve encherse de turistas e peregrinos
O balbordo dos turistas e peregrinos enche de novo as rúas composteláns. Os peregrinos gardan longas ringleiras para entrar pola Porta Santa e contan felices as súas experiencias do Camiño.
Os visitantes a Compostela situan a Galicia como a mellor opción para as vacacións de verán, son moitos os que repiten. Santiago recibe especialmente o turista nacional con moitas ganas de viaxar de novo.
Nos hoteis aínda están lonxe dun mes de xullo habitual pero a ocupación supera este mes o 50% con moitas diferencias dependendo do día da semana.
María Moas é a directora do Hotel Pazo de Altamira di que "a xente si que se anima a viaxar e facer cousas sobre todo turismo local. Este ano seguimos notando as fins de semana con máis movemento e a semana máis tranquila, o Apóstolo preséntase ben nós xa temos os dous establecementos ao 100% desde xa hai tempo".
As previsións para o Apóstolo son boas e de media prevese unha ocupación do 64% que pode variar porque hai moita reserva de última hora.