Santiago vive un Apóstolo con menos turistas
Publicado o 24/07/2020 15:27
Este 24 de xullo non será igual e a pandemia mudou o aspecto das rúas de Santiago. Hai menos turistas, e isto sábeno ben nos hoteis da cidade. Tamén o notan os pequenos negocios da zona vella.
Pero o temor ao coronavirus non botou atrás os que hoxe andaban por Santiago. Todos din sentirse seguros viaxando e mesmo cren que é unha boa oportunidade para facelo.
E calquera caso, a pandemia trae un Apóstolo que coma case todo o demais será tamén atípico.