CRTVG

Buscar

Santiago Villanueva chama a un maior cumprimento das medidas anticovid

Publicado o 03/03/2021 13:42

O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, chama a un maior respecto no cumprimento das medidas anticovid despois de que en tres días se impuxeran máis de mil denuncias en Galicia.

Villanueva, entrevistado no Bos días, dixo que o venres e o sábado pasados detectaron terrazas ocupadas ao cen por cento de xeito reiterado e aglomeracións de persoas en espazos públicos: "Durante a fin de semana todos os corpos de seguridade en Galicia puxeron máis de mil sancións debido ao incumprimento de medidas covid, tanto en hostalería coma en espazos públicos, e por non manter as distancias de seguridade. Son moitas denuncias para venres, sábado e domingo".

 

 

Noticias web

03/03/2021