CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Santiago, unha das cidades universitarias máis baratas

Publicado o 04/09/2017 15:09


Noticia de interese para os universitarios que empezan curso no campus de Santiago: A capital galega çe unhas das cidades universitarias onde resulta máis económico estudar e vivir. Así se tira dun portal de Internet que avaliou os prezos das taxas de matrícula e os aloxamentos en dez cidades con ampla tradición universitaria.


A plataforma Uniplaces.es, dedicada fundamentalmente a buscar aloxamento aos estudantes, foi a encargada de realizar este estudo tomando como referencia unha decena de cidades. E aí atopamos unha das maiores sorpresas: Santiago é a urbe máis económica das analizadas. Alugar un piso ou un cuarto en Compostela resulta con diferenza máis económico que noutras grandes cidades como Barcelona, Madrid ou Salamanca.


Pero non só é a cidade onde máis barato resulta vivir. É tamén onde se paga menos polo custo da matrícula universitaria

Tamén o transporte público e mesmo a cesta da compra son máis económicos en Santiago. Factores a ter en conta, nunha cidade cunha longa tradición universitaria que suma agora un novo atractivo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí