CRTVG

Buscar

Santiago tamén cavila en peonalizar rúas do Ensanche

Publicado o 06/05/2020 15:30

Así era a paisaxe en pleno confinamento, imaxes que xa empezaron a transformarse desde que os cidadáns pisamos a rúa. Paseos e parques concentraron os degoiros de liberdade e movemento, o que obriga a que as cidades se remodelen.

En Santiago tratan agora de aliviar as zonas máis concorridas, como a Alameda ou as Brañas do Sar, e abrir novos espazos que axuden tamén a reactivar o comercio na zona do Ensanche. Xeneral Pardiñas, República do Salvador e Alfredo Brañas serán para os peóns os sábados pola tarde e os domingos pola mañá.

Compostela súmase con este proxecto a outras cidades galegas. En Vigo 34 rúas de diferentes barrios xa foron peonalizadas tamén de xeito temporal, desde o comezo das medidas de desescalada. E na Coruña seguen acoutando tamén novas zonas para facilitar os movementos e a seguridade dos cidadáns. Carrís habilitados para peóns na rúa Manuel Murguía, na avenida da Habana e na zona dos Cantóns pretenden tamén evitar as concentracións en lugares como o paseo marítimo.

Noticias web

06/05/2020