CRTVG

Buscar

Santiago celebrará as festas do Apóstolo, pero sen espectáculo de luz

Publicado o 22/05/2020 19:06
Santiago celebrará as festas do Apóstolo, pero sen espectáculo de luz

E a COVID-19 vai afectar tamén as festas do Apóstolo. Santiago manterá a ofrenda do 25 de xullo, pero non haberá espectáculo de luz no Obradoiro. Para gardar a distancia de seguridade, só poderían asistir unhas 800 persoas. Así que o concello decidiu suspendelo. Os máis de 100.000 euros que custaría destinaranse a un plan de reactivación do comercio e do sector hostaleiro. E aínda non se sabe se haberá fogos. En todo caso, o alcalde asegurou hoxe que se buscará evitar a concentración excesiva de persoas en calquera actividade festiva.


 

Noticias web

22/05/2020