Santiago supera as 70.000 Compostelas, con mais de 16.000 peregrinos en agosto
Publicado o 14/08/2021 16:10
Tamén o Camiño de Santiago está a ser un fervedoiro de xente. E así o avalan os datos. O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino selou a Compostela 70.000 no que vai de ano.
Nesta primeira quincena de agosto, o ritmo de chegada de peregrinos é dun milleiro ao día. De feito, na xornada de onte seláronse máis de 1.800 Compostelas.
A maior parte dos peregrinos son de orixe nacional, máis do 70%.
O Francés segue sendo a ruta maioritariamente escollida polos que camiñan a Compostela. En segundo lugar sitúanse o Camiño Portugués e a súa variante pola Costa.