CRTVG

Buscar

Santiago prepárase para recibir visitantes de toda Galicia en Semana Santa

Publicado o 19/03/2021 15:40

Pese ao frío,os hostaleiros da Quintana despregaban esta mañá as suas terrazas para acoller os visitantes.

"Supoño que esta Porta Santa que ten un tirón tan importante pois fará que veña xente".

Saben que será un turismo máis caseiro do habitual porque as restriccións pola Covid non permiten outra cousa.

Sen demoras para entrar pola Porta Santa. E así é, o acceso non deixa de ser fluído, pese a que os visitantes van chegando, de Caldas, da Coruña, de Vigo...

"Porque despois de tantos días na casa xa nos apetecía dar unha volta", "Que mopitas veces imos fora para facer turismo e a verdade é que en Galicia temos de todo e por iso queremos aproveitar antes que se encha de xente"

Mesmo se ve xa algún grupo con guía. "Esta semana saíron grupiños, pero así grande, de oito persoas, hoxe porque coas restricións novas xa podemos, entón estamos máis contentos, claro. Galegos sobre todo, pero si, si, xenial!"

E ata os Composteláns viven a cidade doutra maneira, aínda que con certa añoranza de visitantes.

Noticias web

19/03/2021