CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Santiago permitirá mascotas nos autobuses urbanos

Publicado o 09/04/2014 14:55

A partir deste verán os autobuses urbanos de Santiago poderán ter novos usuarios: as mascotas dos composteláns terán dereito a ir no bus, iso si, dentro de gaiolas e sempre que non sexan de gran tamaño. Unha iniciativa cidadá acaba de conseguilo tras recoller 1.500 sinaturas.

A través da plataforma Change.org, esta veterinaria recolleu máis de 1.500 sinaturas a favor de que as mascotas poidan viaxar no transporte urbano de Santiago. Despois de reunirse con ela, o edil de Mobilidade confirmaba hoxe que a modificación da normativa xa está en marcha.

Para os defensores da proposta trátase dun avance, pero piden un cambio maior.

E nas paradas do bus, hai opinións para todos os gustos.


Segundo os cálculos do Goberno municipal, en menos de tres meses entrará en vigor a nova ordenanza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí