CRTVG

Buscar

Santiago Olmo, director do CGAC: "Celebramos os 25 anos con tres exposicións para todos os públicos"

Publicado o 15/08/2018 10:41

Hoxe no tempo da entrevista falamos do 25 aniversario do Centro Galego de Arte Contemporáneo co seu director, Santiago Olmo. 

"A celebración deste 25 aniversario comeza cunha serie de exposicións este verán abertas para todos os públicos". "A arte contemporánea está moito máis preto da nosa vida cotiá do que poida parecer". "Agora temos tres exposicións: a do fotógrafo galego Nicolás Combarro; outra, 'En construción', de artistas internacionais en diálogo coa arquitectura e co deseño; e unha escolma da nosa colección que celebra estes 25 anos de historia colectiva". 

"O CGAC foi creado ao mesmo tempo e co mesmo proxecto do parque de Bonaval, polo que tamén é un elemento moi vinculado ao CGAC e ao Museo do Pobo Galego". "Ese espazo é todo un conxunto que ten que vivirse de xeito paralelo". 

"Nós traballamos para todos os públicos. Hai proxectos que poden ter un perfil máis especializado, pero temos ferramentas e visitas guiadas que permiten a achega de todos os públicos aos contidos". 

"O visitante é a persoa que activa as exposicións. Sen o visitante e sen os públicos as exposicións non teñen sentido". 

"A arte contemporánea ensínanos a mirar doutro xeito, buscando as formas alternativas dese mirar. Eu invito ao público a que teña intuición, que siga o instinto sen prexuízos". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2018