CRTVG

Buscar

Santiago non terá procesións de Semana Santa

Publicado o 27/01/2021 20:26
Santiago non terá procesións de Semana Santa

Santiago tampouco terá procesións de Semana Santa este ano. Xa en 2020 o confinamento estrito deixou sen procesións e coas rúas desertas a capital galega durante a Pascua. E hoxe a diocese confirmou que a estampa será moi semellante en 2021.

Quedan suspendidos todos os actos en espazos públicos para evitar aglomeracións e contribuír á contención dos contaxios de covid. O arcebispado informa de que si manterán as celebracións litúrxicas, nas condicións que permita a situación sanitaria.

A Semana Santa cae este ano entre a última semana de marzo e a primeira de abril.

Noticias web

27/01/2021