Santiago Lago: "En termos comparados, Galicia é unha comunidade ben financiada"
Hoxe falamos de financiamento autonómico co catedrático en Economía Aplicada Santiago Lago.
Encontro de Feijóo cos presidentes de Asturias, Castela e León e Aragón
"É importante que Galicia estea liderando iniciativas de toma de posicion conxunta, pensando nos intereses de todos".
O financiamento autonómico e a situación de Galicia
"O sistema de financiamento autonómico ten unha serie de eivas". "Tamén hai un problema de suficiencia e de como repartimos o volume global de recursos". "O reparto non pode penalizar algúns territorios de xeito significativo, hai que buscar o equilibrio".
"En termos comparados, Galicia é unha comunidade que está ben financiada". "Galicia no pasado negociou ben e isto fai que sexa unha das comunidades onde se recoñece que o custe dos servizos é claramente superior á media". "Iso provoca que para Galicia sexa difícil mellorar no sistema".
"O irrenunciable para Galicia é que todos os servizos públicos descentralizados son importantes". "É unha liña vermella que hai que manter".
A quitación da débeda
"A Galicia non lle interesa unha quita da débeda". "En Galicia sufrimos un axuste duro que non houbo noutras partes do Estado, e polo tanto non pode ser que agora os que se esforzaron menos teñan un premio". "Iso é compatible cunha reestruturación que amplíe os prazos ou fixe uns tipos de xuro suficientemente baixos".
A situación en España
"No crecemento as perspectivas son boas. No que ten que ver coa calidade do emprego, a incógnita é maior". "Se non hai unha perspectiva de Estado vai ser moi difícil atallar o problema da calidade do emprego".