Santiago estuda suspender a taxa de terrazas para o vindeiro ano
Publicado o 06/10/2020 17:44

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou este martes que o Concello "considerará" a suspensión da taxa de terrazas para o ano próximo tras manter unha reunión con representantes do sector hostaleiro.
O primeiro edil indicou en declaracións á prensa que, previsiblemente, esta decisión se adoptará neste mes de outubro. "Imos levala a pleno", afirmou, por ser o órgano con competencias para aprobar unha medida destas características.
Así mesmo, no caso de que o goberno autonómico o autorizase, os locais poderán empezar a abrir de luns a xoves ata as doce e media da madrugada e venres, sábados e vésperas de festivos, ata a unha e media.
"Nós contemplámolo", pero se o permite Sanidade, indicou Bugallo.