CRTVG

Buscar

Santiago estuda comezar a multar por non recoller as feces de can

Publicado o 17/01/2020 13:38

Recoller os excrementos dos cans conservando a rúa limpa de restos fisiolóxicos é obrigatorio para aqueles que teñen unha mascota. Así se recolle en moitas ordenanzas municipais dos distintos concellos galegos.

Pero malia a existencia de normas de convivencia e de tenza de animais, nalgúns municipios non se chegan a aplicar as sancións. É o caso de Santiago, onde existe unha ordenanza que prohibe deixar os excrementos na rúa, mesmo nos parques de mascotas. Incumprir a norma é unha falta leve con sancións que poden chegar ata os 750 euros. Pero ata o momento o Concello non está a aplicar esas sancións. Algo que pronto podería cambiar, porque estudan comezar a multar.

Multas pequenas, ou de maior importe en caso de que a vía que se ensucia estea nun espazo protexido, como pode ser a zona histórica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020