Santiago estrea un centro de simulación que permite recrear cirurxías
Publicado o 16/12/2020 20:30
E a área sanitaria de Santiago acaba de estrear un centro de simulación clínica que conta con tecnoloxía de última xeración.
Permite recrear unha sala de pacientes críticos en urxencias, simular cirurxías con robótica ou aprender as últimas técnicas para neonatos prematuros. A iniciativa, posta en marcha polo Sergas e a Universidade de Santiago, ten por obxectivo formar o persoal sanitario a distancia e permite interactuar en tempo real con outros hospitais e con expertos internacionais.