CRTVG

Buscar

Santiago entrega a Compostela número 100.000 do ano

Publicado o 16/06/2018 21:35

Jorge Enrique Forero, procedente de Medellín, é o peregrino que recibiu hoxe a Compostela número 100.000. Logo de 33 días andando, alcanzaba hoxe a súa meta.

Recta final, loce o sol e coma formiguiñas, en ringleira, centos de peregrinos camiñan, acelerando o paso e o latido, cara a meta, cara a Santiago. Cidade que entregou a súa Compostelana número 100.000, unha semana antes que o ano pasado. Procedente de Medellín, Jorge Enrique comezou o Camiño Francés a pé, hai 33 días. Como moitos outros, hoxe, alcanzou a súa meta.

A cifra de peregrinos que chegan a Compostela aumentou nun 10% con respecto do ano pasado, malia todo dende a Xunta de Galicia din que os estudos confirman que o Camiño de Santiago non está saturado.

Sen importar que tempo vaia, esquecendo de que tan lonxe veñen, centos de miles continúan camiño cara Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2018