CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Santiago é unha das cidades de tradición universitaria onde é máis económico cursar estudos

Publicado o 04/09/2017 21:29
Santiago é unha das cidades con ampla tradición universitaria onde é máis barato cursar os estudos, tanto polas taxas de matrícula como polo prezo do alugueiro dos pisos.

O estudo realizouno unha plataforma de Internet que se dedica fundamentalmente a buscar aloxamento a estudantes. E para realizalo avaliou os prezos dos alugueiros en dez cidades de moita tradición universitaria e tamén o prezo das matrículas dos estudos. Pero na capital de Galicia tamén resultou ser máis barato o transporte público e a cesta da compra.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

04/09/2017