CRTVG

Buscar

Santiago e Ourense reciben a fin de semana festiva no nivel medio de restricións

Publicado o 14/08/2021 16:03

Santiago recibe esta ponte festiva no nivel medio de restricións pola Covid e con boa parte dos hoteis totalmente ocupados. O sector móstrase satisfeito.
" As limitacións destas semanas non influiron na afluencia de xente". "Estamos a tope". di a responsable de dous hoteis da cidade ."En Santiago non nos podemos queixar, a zona vella levamos tres semanas, con todo cheo",di un restaurador.

Cunha incidencia acumulada por riba dos 320 casos por cada cen mil habitantes nos nos últimso 14 días ,os turistas que visitan Compostela séntense seguros.
" Todo moi ben. Trátanos moi ben, nos restaurantes , no camiño. Volveremos se non pode ser cada ano, cada dous". di unha peregrina.

Sensación algo diferente ten a poboación que vive todo o ano na cidade.

"Hai moita xente sen máscara e sen gardar as distancias, sobre todo na Alameda. Non debera ser ", afirma unha veciña.
O ocio nocturno abre ata ás tres da maña e os bares traballan cunha ocupación máxima do 50 por cento, tanto nas terrazas como no exterior.

A cidade de Ourense, onde seguen baixando os contaxios entrar tamén neste nivel medio, cunha incidendia de 273 casos.





















 

Noticias web

14/08/2021