CRTVG

Buscar

Santiago, Ames e Teo comparten peche e os bares só serven nas terrazas

Publicado o 09/01/2021 15:19

Sara prepara os primeiros cafés da mañá. En Santiago, o endurecemento das restricións obriga a que as consumicións sexan para levar ou para tomar na terraza.
"Volvemos ao de antes, comidas, almorzos, todo o que se poida para levar", di.
Logo de tres semanas con peche perimetral e pouco traballo, mantén o local aberto pero con poucas esperanzas de cubrir gastos.
"Eu creo que ersta vez aínda peor, todos os bares están pechados, é que só con algo na terraza non dá para os gastos", asegura.

Pouca xente nas terrazas. Poderían ocuparse ata o cincuenta por cento cun máximo de catro perosas non conviventes, pero as baixas temperaturas non convidan a sentar fóra
"Nós levamos pouco tempo aberto e como quen di xa nos pecharon dúas veces, isto é para botarse a chorar", asegura a dona doutro bar.

Toda a hostaleria pecha ás seis da tarde na capital galega e na súa area metropolitana. Teo e Ames atópanse tamén no nivel máximo de risco.
"Sabemos que por saúde ten que ser, xa estivemos así, xa fomos subsistindo, é unha situación que temos que pasar e nada, resignándonos e punto", di a propietaria dunha tenda.
"Esperabamos este peche porque non tivo sentido o que se fixo no Nadal, que parecía que todo era normal e non o era", comenta un hostaleiro.

A mobilidade está limitada nos tres concellos, cun peche perimetral conxunto.


 

Noticias web

09/01/2021