CRTVG

Buscar

Santiago acolleu este sábado unha práctica intensiva en busca do benestar

Publicado o 13/04/2019 21:06

Santiago acolleu este sábado un día de práctica intensiva e compartida de mindfulness, unha técnica nada nos anos 70 que busca o benestar. Estivemos cos participantes na xornada para coñecer mellor esta práctica e recoller as súas impresións.

Xuntáronse das dez da mañá ás seis da tarde. Foi un retiro que transcorreu principalmente en silencio. Acudiron persoas que levan anos practicando mindfulness e tamén xente que está empezando. As impresións coindidían ao final da xornada.

"Moito más serena, más presente"; "un estado máis tranquilo, con máis paz"; "cambioume a percepción da vida, das emocións, de como relacionarme co resto".

O mindfulness ou atención plena trata de enfocar a atención no que se percibe, sen preocuparse por problemas nin buscar solucións.

Manu Mariño. Coorganizador da xornada: "O pensamento é dono de nós, fai con nós o que quere e a práctica o que permite é tomar un pouco de distancia".

Naceu da man dun médico estadounidense nos anos 70 para paliar o sufrimento dos coidadores dos enfermos. Os organizadores da xornada indicaron que na actualidade se está expandindo.

Manu Mariño asegura que en principio calquera pode seguir está práctica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019