CRTVG

Buscar

Santiago acolle o primeiro encontro de expertos no alzhéimer

Publicado o 11/09/2021 15:38

A Federación Alzhéimer de Galicia celebra o primeiro encontro de expertos. O acto que ten lugar na Cidade da Cultura encádrase dentro da campaña polo día mundial da enfermidade que se conmemora este mes de setembro baixo o lema "Alzheimer hoxe, mañá será tarde" e que pretende sensibilizar sobre a importancia da prevención e a detección precoz.

Os expertos de distintos ámbitos achegaron as súas posturas en relación á prevención nas demencias. Na inauguración estiveron o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Política Social Fabiola García.

 

Noticias web

11/09/2021