CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Santiago acolle a X Olimpíada Española de Economía

Publicado o 25/06/2018 21:21




Os estudos de economía en Galicia cumpren 50 anos. Para celebralo, unha das grandes citas é a X edición da Olimpíada Española de Economía. Ao redor de 135 alumnos de segundo de Bacharelato loitarán por ser o gañador.

Os alumnos estarán competindo ata o mércores por levaren esta X edición da Olimpíada Española de Economía. Espéranse máis de 300 persoas, sumando os profesores aos participantes, e que poderán gozar de actividades como, por exemplo, realizar un treito do Camiño de Santiago.

Telexornal Serán

25/06/2018