CRTVG

Buscar

Santiago acolle a primeira Conferencia Internacional de Mulleres na Pesca

Publicado o 05/11/2018 19:51

Son redeiras, mariscadoras, peixeiras, comercializadoras, son mulleres que traballan no sector pesqueiro e que buscan ser visibles nun mundo de homes. Asociáronse no 2016 para poñer o acento na importancia que teñen para este sector e hoxe van participar na Primeira Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca.

Comezaron sendo 12 asociacións de toda España e hoxe son 30 entidades e 15.000 socias.

Estes días, xunto con mulleres da pesca de todo o mundo, elas van falar de asociacionismo e da importancia da súa presenza nestes foros.

Hoxe pola mañá foron recibidas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, entre outras autoridades, e todos felicitaron esta iniciativa das mulleres que loitan por sumar nun sector tan estratéxico como o pesqueiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2018